Metalización de pezas impresas en 3D

En ITFAB sempre optamos pola fabricación baixo demanda, sen pedido mínimo e achegando toda a liberdade de formas que as tecnoloxías de impresión 3D ofrecen. Se a isto sumámoslle un proceso de recubrimento de pezas impresas en 3D cun amplo elenco de metais, obtemos unha nova maneira de fabricar produtos con acabados estéticos e funcionais.

En ITFAB decidimos romper co estándar da industria.

¿Existe un número máximo de piezas?

No, podemos fabricar tantas piezas como sea necesario.

  • Existe un pedido mínimo?

Grazas ao modelo de fabricación baixo demanda de ITFAB, non existe un pedido mínimo para metalizar as túas ideas. Cremos na exclusividade e no valor de facer pezas únicas.

  • Unha vez metalizado, é posible dar outros acabados ás pezas?

Por suposto. Dado que as pezas son metálicas, podemos darlle os acabados propios de cada metal. Pátinas, óxidos, matificados, abrillantados... En definitiva, todo aquilo ao que unha peza de metal convencional poida ser sometida.

Metales y acabados

Ofrecemos unha ampla gama de servizos de metalización dependendo da necesidade individual de cada peza ou proxecto.

¿Por qué metalizar pezas impresas en 3D?

A impresión 3D combinada coa metalización ofrece unha serie de vantaxes únicas no seu espectro. Como se observa na gráfica, a combinación destes procesos permite cubrir o baleiro existente entre as propiedades mecánicas dos plásticos e resinas máis comúns, e as dos metais e aliaxes pero neste caso, sen limitacións xeométricas como ocorrería en procesos de fabricación tradicional


Un novo rango de uso, sen pedido mínimo e sen limitacións de forma.

Vantaxes da metalización

Unha das principais vantaxes que ofrece a metalización vese reflectida nun brutal aumento na resistencia mecánica, incrementada en máis dun 400% con coberturas de cobre ou níquel . Ademais, esta cobertura metálica sobre unha peza plástica mellora a súa resistencia a factores ambientais e químicos sumado a que, dado que o núcleo da peza é de plástico , a peza resultante será moito máis lixeira que unha peza de metal macizo.

Outros beneficios resultantes da metalización son os acabados estéticos ou a obtención de pezas con alta condutividade eléctrica ou térmica.


Perfecto equilibrio entre a resistencia e lixeireza

Dinos o que necesitas, nós ocuparémonos de todo.


Se tes calquera dúbida ou desexas realizar un pedido formal para imprimir en 3D e metalizar as túas pezas non dubides en enviarnos un correo, chamarnos ou encher este formulario de contacto.

contacto@itfabricacion.com
+34 881 096 422